IV SEMINARIO DE HIPOTERAPIA
De caracter práctico, complementa e amplía a información e os ensinos das anteriores edicións.
En 1875, o neurólogo francés Chassiagnac descubriu que un cabalo en movemento melloraba o ánimo, equilibrio, o movemento articular e o control muscular dos pacientes e que era particularmente beneficioso para os parapléxicos e persoas con trastornos neurológicos.
Consite na utilización do movemento multidimensional do cabalo, dirixido a persoas con discapacidade física, intelectual e social co obxectivo de mellorar as súas capacidades e permitir a práctica deportiva da equitación sen restrinciones, achegándoa a todos os colectivos, e totalmente indicada para a integración e normalización de todos os membros dos grupos familiares, de amizades e sociais.
MARIA TERESA JIMÉNEZ HORWITZ
Maria Teresa Jiménez, novamente con nos, lle agradecemos siga formandonos nas vantaxes, técnicas de actuación e intervención, na equitación, nun seminario de contidos fundamentalmente prácticos. Do seu amplo curriculum, destacamos:
- Especialista Europea en readaptación pola equitación pola Facultade de medicina da universidade de Bobigny.
- Profesora de Equitación Terapéutica da Universidade Complutense de Madrid e da Federación Internacional de Persoas con Discapacidade Intelectual.
DIRIGIDO A:
Xinetes, amazonas, profesores de equitación, profesionais e estudantes implicados en equipos interdisciplinares do ámbito do deporte, saúde, e do asociacionismo da Discapacidade e Inclusión Social, dende os 16 anos en adiante.
INFORMACIÓN E INSCRICIONES:
Servizo Municipal de Deportes | www.coruna.es / deportes / hipoterapia
Palacio Municipal de Deportes | Tfno.: 981 189 890 – ext. 25007
Correo: deportes@coruna.es
Teléfono de información ciudadá: 010
R.S.D. Hípica da Coruña
Avda. de Metrosidero, s/n.
Instalacións ecuestres:
San Esteben de Morás (Arteixo)
Matrícula: 40 €
Data límite inscrición: xoves 27 de maio